Gardepesca marítimo


Unha das especialidades desta compañía. Cunha ampla experiencia na loita contra o furtivismo. Aspectos claves neste servizo, como o coñecemento xeográfico das localizacións dos bancos marisqueiros, e as posibles vías de escape e canles de distribución. A empresa pon a disposición deste servizo máis dunha quincena de profesionais, con experiencia e o saber necesario para un desenvolvemento eficiente das funcións. Persoal cualificado e con titulacións necesarias para a prestación de servizos dende embarcacións.


Control de Marisqueo. Atendendo ás esixencias dos clientes, esta empresa pode desenvolver funcións no control de marisqueo, ben sexa a flote ou a pé.

Vixilancia e protección dos bancos marisqueiros. Así pois, a maiores das funcións de control de marisqueo, esta sociedade desenvolve funcións de vixilancia nas zonas pertencentes ao cliente.

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies