Sobre nós

 
Servicios SPR Vilanova é unha empresa de vixilancia e seguridade, inscrita no Ministerio do Interior con número 3748. Que pon os seus servizos a disposición de Administracións Públicas, entidades privadas, organizacións e particulares.

A súa orixe está na década dos 90 cando os seus dous socios fundadores iniciaron a súa actividade prestando servizos de vixilancia en diferentes confrarías de pescadores e cotos de caza. Esta andaina profesional levou á creación da sociedade Servicios SPR Vilanova, S.L. no ano 2009.

Na actualidade, compoñen o equipo de Servicios SPR Vilanova , SL, máis de 30 profesionais. Con capacidade para realizar servizos en calquera punto de España. A sociedade dispón dunha ampla carteira de clientes, que depositan a súa confianza nesta empresa, avalada pola experiencia adquirida nos anos, e nos servizos prestados, tales cómo a Vixilancia e Seguridade na Illa de San Simón (Redondela), Intecmar (Vilaxoán), Centro de Investigación Forestal de Lourizán (Pontevedra), Igafa (Illa de Arousa). Ou en eventos como o Rock in Vila (Vilanova de Arousa), Holly Run (Vigo), ou as Festas do Apóstolo (Santiago de Compostela), entre outros.

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies