Gardepesca marítimo
Unha das especialidades desta compañía. Cunha ampla experiencia na loita contra o furtivismo. Aspectos claves neste servizo, como o coñecemento xeográfico das localizacións dos bancos marisqueiros, e as posibles vías de escape e canles de distribución. A empresa pon a disposición deste servizo máis dunha quincena de profesionais, con experiencia e o saber necesario para un desenvolvemento eficiente das funcións. Persoal cualificado e con titulacións necesarias para a prestación de servizos dende embarcacións.